Ir al contenido principal

Película do 28 de febreiro

A PUERTA FRÍA
España, 2012

Dirección: Xavi Puebla.
Guión: Xavi Puebla e Jesús Gil Vilda.
Intérpretes: Antonio Dechent (Salva), María Valverde (Inés), Nick Nolte (Sr. Battleworth), José Luis García Pérez (Toni), Héctor Colomé (Carmelo), Sergio Caballero (Álex), José Ángel Egido (Fuentes), Cesáreo Estébanez (Ridruejo), Alex O’Dogherty (cliente inglés).
Fotografía: Mauro Herce Mira.
Montaxe: Jorge Suárez.
Duración: 80 min.


SIPNOSE

Salva (Antonio Dechent) é un vendedor sevillano en apuros que non sabe como solucionar os seus problemas. Nunha feira de vendas coñece a Inés (María Valverde), unha bela azafata de congresos á que pide axuda. Ambos organizan un plan no que está implicado Battleworth (Nick Nolte).

COMENTARIO
de Mirito Torreiro. (http://www.fotogramas.es )
Terceira longametraxe dun director, o catalán Xavi Puebla, que foi construíndo a súa carreira con paciencia de ourive e dando probas dun afinado talento para a posta en escena, dirección de actores incluída. A porta fría é un descarnado, preciso e contundente drama ao que non lle sobra un só plano, un só minuto. Unha convención de vendedores é a ocasión para que saian á luz todo tipo de tensións entre os participantes: unha vida miserable de homes afastados da familia; a soidade do vendedor que fai miles de quilómetros para vender o que sexa; a precariedade laboral; a corrupción... Pero tamén algún chispazo de empatía, algún pálido resplandor de humanidade.
Puebla mostra ás súas criaturas masculinas entre a chulería, tan hispánica, e o desamparo. E faino cunha posta en escena milimétrica, pero tamén con recursos aos que non nos ten afeitos o cinema máis habitual: hai aquí un soberbio emprego da elipse que dá mostras dunha madurez narrativa encomiable. E tamén, está claro, un traballo actoral no que destaca un Antonio Dechent axustadísimo, pero non menos un Héctor Colomé soberbio e unha María Valverde capaz de imprimir ao seu personaxe a dose de sabedoría interpretativa precisa para evitar que caia no cartón pedra.

José Arce (http://www.labutaca.net):
Estupenda proposta de Xavi Puebla, fría, limpa, pura no seu reflexo dunha realidade desoladoramente veraz. Desgraciadamente cheira a cinema invisible, que pasará de longo a ollos do espectador. Quen teña oportunidade, que non a deixe escapar. Salvador (Antonio Dechent) é un comercial de electrodomésticos que non atravesa o seu mellor momento, nin no persoal nin no laboral. Agora arríscao todo nunha importante feira para profesionais. Cun resaibo agridoce recibimos A porta fría, a nova longametraxe de Xavi Puebla. A parte doce: é unha película fabulosa, sen máis. A parte amarga: que probablemente -ben, seguramente, en realidade- esteamos ante un novo exemplo de cinema invisible para o espectador [...] Quen teña oportunidade de vela, que non a deixe escapar.
[...] Por iso o director non necesita máis recursos que a súa cámara, que usa practicamente a modo de
ollo documental, apoiada nun bo son directo e nunhas estupendas fotografía e edición. O resto depende dun titánico Antonio Dechent, principio e fin do drama. [...] encabeza un fantástico cadro de persoal de maduros desesperados que integra a José Luis García-Pérez, Héctor Colomé, Cesáreo Estébanez e Nick Nolte, observados de preto por un mefistofélico José Ángel Egido e cegados pola beleza anxelical dunha María Valverde que asina aquí un dos seus mellores traballos.

Comentarios

  1. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    Giaonhan247 chuyên dịch vụ mua hàng mỹ từ dịch vụ order hàng mỹ hay nhận mua nước hoa pháp từ website nổi tiếng hàng đầu nước Mỹ mua hàng ebay ship về VN uy tín, giá rẻ.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario