Ir al contenido principal

Entreparadas, xoves ás 21 horas

O vindeiro xoves teremos cine outravolta.
ENTREPARADAS
Galicia




Xoves, 30 de xaneiro Horario: 21 h.
ENTREPARADAS
Galicia, 2013

Dirección: Toño Chouza
Guión: Toño Chouza. Produción: P(A)T Galiza. 
Fotografía: Pablo Chouza. 
Música: Nico Casal e O Sonoro Maxín. 

Ir a cegas ao cine


Eu son o primeiro en dubidar á hora de ir ao cine. “Que imos ver?” é probablemente a pregunta que máis repito cando alguén fala sobre ir ao cine. Os altos prezos, e os gustos discutibles das miñas amizades, son os que me provocan esta reacción case automática. Ás veces o exceso ou defecto de información provoca que acabe por soportar un ladrillo infumable ou saír coas expectativas defraudadas. Isto acabará por desembocar na clásica reacción de “e para isto gastei os euros”.
O prezo da entrada adoita ser o primeiro en botarnos atrás á hora de aventurarnos no cine. Ir a cegas ao cine é algo recomendable, e imprescindible, en marcos como o que ofrece Cineuropa estes días en Santiago de Compostela. As entradas a prezos máis que razoables (4 euros) e o amplo abano de oferta cinematográfica permite que ir a cegas ao cine sexa unha especie de aventura cara o descoñecido.
Así, lanceime con valor, e pouca información, e asistín aos pases de A Raia (2013, Ivan Castiñeiras), Entreparadas (2013, Toño Chouza) e Dime Quién Era Sanchicorrota (2013, Jorge Tur). Os tres eran documentais de directores pouco coñecidos. Películas que o terán, tristemente, difícil para chegar ás salas comerciais.

Entreparadas (2013, Toño Chouzas)

Quizais deste documental era do que coñecía máis. Sabía que á dirección se situaba Toño Chouza, axudado na produción e montaxe por Jorge Coira. Dúas persoas que adoitan ser un garante de calidade en todos os proxectos que traballan. Ao coñecer iso, as miñas expectativas estaban algo altas antes de comezar. Mais teño que confesar, para tristeza dos técnicos detrás do documental, que foron as personaxes as que coparon o cen por cen da miña atención. Non reparei en planos, composición… en nada. A potencia das historias alí recollidas era tal que era imposible desconectar nin un segundo do que os protagonistas contaban. Un grupo de persoas con diversos problemas xúntanse para realizar varias pezas teatrais nun autobús. Historia de superación, de valor e, sobre todo, de optimismo. Un optimismo e unha vitalidade que provoca que sexa imposible non romper a chorar ante unhas historias que abraian en todos os sentidos. Agardo que o documental chegue ao maior número de pantallas posible, non só polo seu carácter narrativo senón polo seu alto valor didáctico. Non dubiden en ir a velo se teñen ocasión!
Comentario do blog Cinema na Praza (praza.com)


Comentarios