Ir al contenido principal

PROXECCIÓN DO 13 DE DECEMBRO

A CAZA
Jagten - Dinamarca 2012



Festival de Cannes 2012: Mellor actor (Mads Mikkelsen). 
Premios do Cine Europeo 2012: Mellor guión

Dirección: Thomas Vinterberg.
Intérpretes: Thomas Bo Larsen (Theo), Anne Louise Hassing (Agnes), Mads Mikkelsen (Lucas), Annika Wedderkopp (Klara), Lasse Fogelstrom (Marcus), Susse Wold (Grethe), Lars Ranthe (Bruun), Alexandra Rapaport (Nadja)
Produción: Nikolaj Egelund.
Guión: Tobias Lindholm e Thomas Vinterberg.
Fotografía: Charlotte Bruus Christensen.
Montaxe: Janus Billeskov Jansen e Anne Østerud.
Música: Nikolaj Egelund.
Duración: 111 min.

SINOPSE
Lucas é un profesor de primaria que, tras divorciarse, tenta refacer a súa vida. Móstrase ilusionado sentimentalmente cunha nova muller e trata de retomar a relación co seu fillo adolescente. Todo parece marchar ben ata que unha mentira enrarece o ambiente do Nadal e a existencia de Lucas tórnase insoportable con respecto ao trato dos seus veciños. Este bo home deberá loitar pola súa dignidade e por lavar súa imaxe manchada.

Comentarios