Ir al contenido principal

Proxección do 11 de outubro

O EXERCICIO DO PODER


Dirección e guión: Pierre Schoeller
Intérpretes: Olivier Gourmet (Bertrand Saint-Jean), Michel Blanc (Gilles), Zabou Breitman (Pauline), Martin Kuypers (Sylvain Deblé), Didier Bezace (Dominique Woessner), Jacques Boudet (Senador Juillet), François Chattot (Falconetti), Gaëtan Vassart (Loïk), Arly Jover (Séverine Saint-Jean), Eric Naggar (Primeiro Ministro), Anne Azoulay (Josepha), Christian Vautrin (Nemrod), François Vincentelli (Peralta), Stéphan Wojtowicz (Presidente de Francia).
Guión: Michel Leclerc e Baya Kasmi. 
Fotografía: Julien Hirsch .
Montaxe: Laurence Briaud.
Produción: Denis Freyd, Jean-Pierre et Luc Dardenne.
Música: Philippe Schœller .
Duración: 115 min. 


SINOPSE
O secretario persoal do ministro dos Transportes, Bertrand Saint-Jean, espértao no medio da noite para lle comunicar que un autobús caeu por un cavorco. Non lle queda outra que ir alí. Así comeza a odisea dun home de Estado nun mundo cada vez máis complexo e hostil. Velocidade, loitas de poder, caos, crise económica... Todo se encadea e entrechoca. Unha emerxencia segue a outra. Que sacrificios están dispostos a aceptar os homes? Canto durarán nun Estado que engule aqueles que o serven?


A política de costas á xente.
De ton reflexivo, distante en aparencia e sobre todo moi crítico, estamos diante dunha historia que se desenvolve entre despachos e coches oficiais. Trátase dunha visión, de ton case documental, do día a día dun político francés, e por extensión europeo.
Saint-Jean (Olivier Gourmet) é o Ministro dos Transportes. Vese obrigado contra a súa vontade a privatizar cinco estacións de tren. Pero o que realmente lle preocupa desta perda de patrimonio público é o custo político que pode ter para el. É un tipo que unicamente pensa en manter o seu posto, en levar o seu traxe e en que a súa popularidade non  baixe. O filme móstranos axiña o tipo de individuo que vai conducir a historia ao nos mostrar un soño erótico deste, consistente nunha muller espida engulida por un crocodilo.

Comentarios