Ir al contenido principal

PROXECCIÓN DO 25 DE OUTUBRO

A pequena Venecia
 (Io sono Li) 

Italia, 2011 – V.O.S.E. 

Premios: 
2011: Premios David di Donatello: Mellor actriz (Tao Zhao). 4 candidaturas
2011: Festival de Sevilla: Premio Eurimages
2012: Premios do Cine Europeo: Candidata á Mellor música


Dirección: Andrea Segre.
Intérpretes: Zhao Tao ( Shun Li), Rade Sherbedgia (Bepi “O poeta”), Marco Paolini  (Coppe), Roberto Citran (avogado), Giuseppe Battiston ( Devis)
Guión: Marco Pettenello e Andrea Segre.
Fotografía: Luca Bigazzi.
Montaxe: Sara Zavarise.
Produción: Francesco Bonsembiante e Francesca Feder
Música: François Couturier.
Duración: 100 min. 

Shun Li traballa nunha fábrica téxtil nos arredores de Roma. De súpeto, mándana a Chioggia, unha pequena cidade situada nunha illa na lagoa veneciana, para traballar como camareira nun bar. Bepi, un pescador eslavo ao que os seus amigos alcuman 'O Poeta', é un cliente habitual do pequeno bar desde hai anos. O encontro entre ambos converterase nunha escapada poética da soidade, un diálogo silencioso entre dúas culturas que, aínda que diferentes, non están tan distantes.

COMENTARIO de La gran ilusión (Cines Renoir)

Andrea Segre debuta cunha fermosa metáfora, coa que retrata o fenómeno da emigración e o conflito das identidades culturais. Ambientada nunha aldea pesqueira do Véneto, a película conquistou premios en festivais de varios países europeos. 

A actriz chinesa Zhao Tao (Natureza morta) e o actor Rade Sherbedgia (Before the Rain) [filmes proxectados no seu día polo cine-clube] compoñen, cos seus personaxes n’ A pequena Venecia, unha das parellas máis fermosas e cribles do cinema recente. Ópera prima de Andrea Segre, a película é un retrato positivo e esperanzador das relacións humanas no mundo da diáspora, no universo da emigración, as identidades perdidas, a xenofobia e o abuso das mafias.

Comentarios