Ir al contenido principal

Proxección do día 24 de maio

Atención ao cambio de data: 24 de maio

NA CASA

(Dans la maison)
Francia, 2010 - V.O.S.E.


Festival San Sebastián 2012:
Cuncha de ouro á mellor película,
Premio do xurado ao mellor guión
Festival de Toronto: Premio FIPRESCI

Dirección: François Ozon.
Intérpretes: Fabrice Luchini, Kristin Scott Thomas, Emmanuelle Seigner,  Jean-François Balmer, Yolande Moreau, Bastien Ughetto, Ernst Umhauer, Denis Ménochet.
Guión: François Ozon.
Fotografía: Jérôme Alméras.
Montaxe: Laure Gardette.
Música: Philippe Rombi.
Duración: 105 min.
 

SINOPSE
Comeza o ano escolar. Germain, profesor de francés, corrixe os deberes dos seus novos alumnos. Son desastrosos. Con todo, un mozo que prefire sentar discretamente na última fila, desde onde se pode ver aos demais, demostra ter un afiado sentido da observación, incluso unha visión sutil. Alentado polo profesor, empeza unha redacción de tipo folletín, penetrando no mundo de dúas familias: unha pertencente á pequena burguesía, coas súas esperanzas e frustracións; e outra máis próxima á vida intelectual e artística. A realidade e a ficción mestúranse até confundirse nun xogo enxeñoso. Pero que escuras  intencións esconde o mozo e até onde chegarán as súas maquinacións?

Comentarios