Ir al contenido principal

Proxección do 10 de maio

OS NOMES DO AMOR
(Le nom des gens)


César 2011 á Mellor Actriz (Sara Forestier)
César 2011 ao Mellor Guión


Dirección: Michel Leclerc.
Intérpretes: Jacques Gamblin (Arthur), Sara Forestier (Baya), Carole Franck (Cécile), Zinedine Soualem (Mohamed), Michèle Moretti (Annette), Jacques Boudet (Lucien).
Guion: Michel Leclerc e Baya Kasmi.
Fotografía: Vincent Matthias.
Montaxe: Nathalie Hubert.
Produción: Caroline Adrian, Antoine Rein e Fabrice Goldstein.
Música: Jérôme Bensoussan e David Euverte.
Duración: 100 min.

SINOPSE
Baya Benmahmoud (Sara Forestier) fai das súas relacións sexuais e sentimentais unha cuestión de loita política: atende antes á militancia e á ideoloxía que ao feeling persoal, o que a leva a tentar cambiar a aqueles polos que se sente atraída. Un deles será Arthur Martin (Jacques Gamblin), un corentón ao que ela. polo seu nome, considera un fascista en potencia.

Comentarios