Ir al contenido principal
CÉSAR DEBE MORRER
(Cesare deve morire)
Italia, 2011

Dirección: Paolo Taviani e Vittorio Taviani
Guión: William Shakespeare, Paolo Taviani
Intérpretes: Salvatore Striano, Cosimo Rega, Giovanni Arcuri, Antonio Frasca, Juan Dario Bonetti, Vincenzo Gallo, Rosario Majorana, Francesco De Masi, Gennaro Solito, Vittorio Parrella, Pasquale Crapetti, Francesco Carusone, Fabio Rizzuto, Fabio Cavalli, Maurilio Giaffreda.
Fotografía: Simone Zampagni..
Música: Giuliano Taviani, Carmelo Travia.
Produción: Kaos Cinematografica, Stemal Entertainment, Le Talee
Duración: 76 min.

SINOPSE

Os presos do cárcere Rebibbia, en Roma, van cambiar por unha tempada o catro paredes das súas celas por un escenario. Un director de teatro propuxo ao director da prisión preparar unha obra de teatro protagonizada polos reclusos e este considerouna unha moi boa idea. A obra en cuestión é "Xuliio César", de Shakespeare.
Durante uns meses os encarcerados mergúllanse nos textos do dramaturgo británico viaxando até lugares do seu interior nunca antes inspeccionados. O traballo que realizan é duro: ler, aprender de memoria, ensaiar? Pero a esperanza e as ganas por sentirse realizados son maiores. Os presos, con todo, non poden esquecer os seus erros, os crimes que os levaron até alí, e, aínda que o tempo que dedican á obra alivia o desasosego de moitos, outros sentirán aínda máis presos despois de coñecer a arte, a liberdade da interpretación.
A obra estréase entre nervios e inseguridades, pero os presos acollen con gusto os aplausos do público. Cando cae o pano volven converterse en reclusos e a soster o peso da súa culpa na súa conciencia.

Comentarios