Ir al contenido principal

PROXECCIÓN DO 5 DE ABRIL

RUBY SPARKS


Dirección: Jonathan Dayton e Valerie Faris.
Intérpretes: Paul Dano (Calvin Weir-Fields), Zoe Kazan (Ruby Sparks), Antonio Banderas (Mort), Annette Bening (Gertrude), Steve Coogan (Langdon), Elliott Gould (Dr. Rosenthal), Chris Messina (Harry), Alia Shawkat (Mabel), Aasif Mandvi (Cyrus Modi).
Guion: Zoe Kazan.
Produción: Albert Berger e Ron Yerxa.
Fotografía: Matthew Libatique.
Montaxe: Pamela Martin.
Música: Nick Urata.
Duración: 102 min.


SINOPSE

Non hai tanto tempo que Calvin Weir-Fields era un neno-prodixio literario, autor dunha aclamada primeira novela. Pero desde entón, atópase afectado por un bloqueo de escritor, magnificado por unha deprimente vida amorosa. Nun intento desesperado de lograr que a súa chispa creativa volva alumar, Calvin comeza a formarse unha imaxe mental dunha protagonista. O seu nome é Ruby Sparks e desde o mesmo instante en que a imaxina, sente que a súa creatividade cobra un novo vigor.
Ata que ela se presenta na súa sala de estar. Trátase dunha broma, dun indicio de tolemia, dun acto de maxia? Da noite para a mañá, Ruby dorme na cama de Calvin, faille a comida, cativándoo de todas as formas posibles; pero a situación presenta un cariz alucinante; dalgún xeito, Calvin ten o poder de cambiar a Ruby cada vez que senta ante a súa máquina de escribir.





Comentarios