Ir al contenido principal

Proxección do 19 de abril

Día 19 de abril, ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas

Dirección: Zhang Yimou.
Intérpretes: Zhou Dongyu (Jing), Shawn Dou (Sun), Xi Meijuan (nai de Jing), Li Xuejian (Zhang), Cheng Taishen (Sr. Luo), Sa Rina (tía).
Guión: Yin Lichuan, Gu Xiaobai e A Mei; baseado na novela do mesmo título de Ai Mi
Fotografía: Zhao Xiaoding.
Montaxe: Peicong.
Música: Qigang Chen.
Produción: Cao Hyuai, William Kong, Hugo Shong e Zhang Weiping.
Duración: 121 min.

SINOPSE

Amor baixo o espiñeiro albar cóntanos a historia de Jing, unha colexiala inxenua da cidade que debe trasladarse a un remoto lugar na montaña para a súa “reeducación” durante a Revolución Cultural. O seu pai foi preso por dereitista e a súa nai loita para manter os seus tres fillos. Jing sabe que tanto o seu futuro coma o benestar da súa familia dependen do seu bo comportamento en opinión das autoridades. Abondaría cun erro para arruinar as súas vidas. Mais a súa prudente e tranquila existencia vese trastornada cando se namora de Sun, o encantador fillo dun militar de elite.

Debido á diferenza social que os separa, o seu amor é impensable; máis aínda, perigoso. Pero a atracción é mutua, poderosa e innegable. Jing tenta resistirse, mais Sun perséguea, mesmo despois de que a moza teña regresado á cidade. O amor entre os dous florece; é un amor puro, afervoado e secreto. Ninguén debe decatarse, e menos aínda a nai de Jing. De súpeto, Sun desaparece. Cando volve, Jing decátase de que algo cambiou. Deberá revisar as súas ideas sobre o amor, a honra e a lealdade antes de decidir no que cre realmente. A vida de ambos nunca volverá ser a mesma.

Comentarios