Ir al contenido principal

Proxección do 8 de febreiro


Historias de Xangai
(Hai shang chuan qi)
China, 2010 - V.O.S.E
.


Selección oficial “ Unha certa mirada”. Festival de Cannes 2010
Mellor documental Festival de Cine de Dubai 2010


Dirección e guión: Jia Zhang-ke.
Intérpretes: Zhao Tao, Lim Giong, Lin Xudong (entrevistador)
Produción: Wang Tianyun, Ty Lik Wai, Meg Jin, Lin Ye e Xiong Yong.
Música: Lim Giong.
Fotografía: Yu Likwai.
Montaxe: Xhang Jia.
Duración: 115 min.



SINOPSE

Xangai, unha metrópole en rápida evolución, unha cidade portuaria onde as persoas van e veñen. Xangai recibiu todo tipo de persoas: revolucionarios,
capitalistas, políticos, soldados, artistas e mafiosos. Tamén viu revolucións, asasinatos e historias de amor. Despois da vitoria dos comunistas chineses en 1949, miles de persoas de Xangai marcharon a Hong Kong e Taiwan. Irse significaba separarse dos seus fogares durante trinta anos; quedar significaba sufrimento a través da Revolución Cultural e outros desastres políticos de China. Dezaoito persoas de Xangai, Taipei e Hong Kong lembran a súa vida en Xangai. Os seus testemuños, narrados como o dezaoito capítulos dunha novela, reconstrúen a historia desta cidade desde 1930 até 2010.




Comentarios