Ir al contenido principal

Prxección 14 de decembro

TAKE SHELTER
AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS, ás 21 horas


Dirección e guión: Jeff Nichols.
Intérpretes: Michael Shannon (Curtis), Jessica Chastain (Samantha), Tova Stewart (Hannah), Shea Whigham (Dewart), Katy Mixon (Nat), Kathy Baker (Sarah), Natasha Randall (Cammie), Scott Knisley (Lewis).
Fotografía: Adam Stone.
Montaxe: Parke Gregg.
Música: David Wingo.
Producción: Tyler Davidson y Sophia Lin.
Duración: 118 min
.


SINOPSE

Curtis LaForche vive nun pobo de Ohio coa súa muller, Samantha, e a súa filla de seis anos, Hannah, que padece xordeira. Curtis gaña modestamente a vida como xefe de persoal dunha explotación mineira de area. Samantha, ademais de coidar da filla de ambos, traballa de costureira a tempo parcial e complementa os ingresos familiares vendendo pezas feitas a man no mercado as fins de semana. Non lles sobra o diñeiro e custear a atención médica e a educación especial de Hannah supón un esforzo constante. A pesar diso, Curtis e Samantha están moi namorados e forman unha familia feliz. De súpeto Curtis empeza a ter unha serie de pesadelos aterradores sobre unha asoladora tormenta apocalíptica. Decide lidar só co seu trastorno e canalizar a súa ansiedade construíndo obsesivamente un refuxio no patio de atrás. O seu aparentemente inexplicable comportamento preocupa e desconcerta a Samantha e provoca rexeitamento entre os seus compañeiros de traballo, veciños e amigos. Con todo, a tensión que todo iso provoca no seu matrimonio e na súa contorna non é comparable ao seu medo interno ao que eses soños poidan significar. Ante a idea de que as súas inquietantes visións auguren algún tipo de desastre, Curtis confía o seu segredo a Samantha, pondo a proba a solidez do seu matrimonio até límites insospeitados.

Comentarios

  1. Varias dúbidas!

    Onde queda o sitio onde proxectades? Cal é o prezo? Os requisitos para ser socia e o local -si tedes- por si quixera facerme socia e achegarme ou como facer o trámite senón pode achegarme e a última e non menos importante, proxectades os films en versión orixinal subtitulada, en formato cine (en 35mm) ou en video (DVD)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario