Ir al contenido principal

Que din de Kiseki?


O xaponés Hirokazu Kore-eda é un dos mellores autores contemporáneos de melodramas familiares. Xa sexa en películas dolorosamente tráxicas, en frescos de calado nostálxico ou nun filme tan xovial como o que nos ocupa (ollo, xovial pero non superficial), distínguese pola extraordinaria lucidez e a suma sensibilidade coas que se refire aos lazos consanguíneos...

...En 'Kiseki (Milagre)', un marabilloso cómic en movemento --e deliciosamente pop-- sobre as tretas de dous irmáns pequenos para volver unir aos seus pais separados, o director explora esas relacións desde o inocente pero lúcida mirada dun neno. Nunha película na que reincide no detalle que distingue a súa obra, no seu don para describir aos personaxes mediante os obxectos que compoñen o seu imaxinario, e onde serve un humor minimalista tan desternillante como cálido, Kore-eda capta a perfecta mestura de desconcerto, curiosidade e alegría (que ben senta ese optimismo) coa que un crío descobre o mundo.
(Desirée De Fez, Fotogramas)


No caso de que non vises nada de Kore-eda con anterioridade, Kiseki é a clase de película que prefire centrarse na recreación dunha situación ou un ambiente a que pasen cousas, a unha sucesión de eventos que manteñan entretido ao espectador. Neste caso, a cámara é unha xanela á vida corrente dunha serie de personaxes conectados entre si e que non fan nada especial, só se limítan a seguir coas súas rutinas e a súa forma de ser, coma se non houbese guion nin personaxes, coma se fosen así realmente. Polo que en boa parte do filme atópaste observando aos nenos protagonistas... Nalgún momento, e grazas a un sensacional traballo co reparto (Kore-eda recoñece que amolda o guion segundo os actores), o cineasta logra o seu obxectivo e mergulla ao espectador no día a día destes personaxes de tal maneira que non queda rastro de ficción, todo resulta próximo e auténtico...  O verdadeiro milagre é que Kore-eda plásmaa e parece fácil.
 (Blog de cine)

Comentarios