Ir al contenido principal

Proxección do 30 de novembro

O ilusionista
(L'illusionniste)




Francia, Reino Unido, 2010

Dirección: Sylvain Chomet
Intérpretes: Jean-Claude Donda, Eilidh Rankin, Duncan MacNeil, Raymond Mearns, James T. Muir, Tom Urie, Paul Bandey
Guion: Sylvain Chomet, Jacques Tati
Música: Isobel Griffiths, Terry Davies
Duración: 80 minutos

A finais dos anos cincuenta, unha revolución axita o universo do music-hall: o gran éxito do rock xera novos astros que atraen ao xentío, mentres que os números tradicionais do espectáculo (acróbatas, malabaristas, ventrílocuos) considéranse pasados de moda. O noso heroe, o ilusionista, pertence á nómina dos artistas en vías de extinción. Cada vez é máis raro que o contraten para facer os seus shows, e ten que deixar as grandes salas parisienses para probar sorte nos escenarios londinienses. Pero a situación é a mesma no Reino Unido... polo que terá que resignarse a actuar en lugares de escasa envergadura. Nun pobo da costa de Escocia coñecerá a unha nena orfa, todo candor e inocencia, que lle devolverá a ilusión que perdera na vida. Para non defrudar a súa triste existencia, o ancián ilusionista tentará non defraudala para que siga crendo na posibilidade de que o mundo pode ser aínda un lugar máxico.

Comentarios