Ir al contenido principal

Proxección do 26 de outubro

AS NEVES DO KILIMANJARO 

(Les neiges du Kilimanjaro)

Espiga de ouro na Seminci de Valladolid 
Premio do Público (Seminci de Valladolid)

FRANCIA, 2011 - V.O.S.E.

Dirección: Robert Guédiguian.
Intérpretes: Ariane Ascaride (Marie-Claire), Jean-Pierre Darroussin (Michel), Gérard Meylan (Raoul), Marilyne Canto (Denise), Grégoire Leprince-Ringuet (Christophe), Anaïs Demoustier (Flo), Adrien Jolivet (Cilles).  
Guión: Robert Guédiguian e Jean-Louis Milesi; inspirado no poema “A xente pobre”, de Victor Hugo.
Fotografía: Pierre Milon.
Montaxe: Bernard Sasia.
Vestiario: Juliette Chanaud.
Duración: 107 min.

SINOPSE

A pesar de quedar sen traballo, Michel é feliz con Marie-Claire. Hai 30 anos que se aman. Os seus fillos e os seus netos mímanos. Teñen moi bos amigos. Séntense orgullosos das súas loitas políticas e sindicais. As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero a súa felicidade romperase cando dous homes armados e enmascarados os agriden, arrebátanlles os aneis de voda e foxen cos cartóns de crédito.

Comentarios