Ir al contenido principal

Proxección 12 de outubro


ARRUGAS

21 horas no Auditorio Municipal




Gañadora de 5 premios Mestre Mateo
Goya á película de animación
Goya mellor guión adaptado
Ańima 2012 Audienche choice
Mellor película animación Festival de Stutgart
Mellor pelicula europea de animación (Best European Cartoon Movie)

Dirección: Ignacio Ferreras.
Guión: Angel de la Cruz, Paco Roca, Ignacio Ferreras e Rosanna Cecchini; baseado no cómic Arrugas, de Paco Roca.
Fotografía: David Cubero..
Música: Nani García.
Produción: Manuel Cristóbal, Enrique Aguirrezabala e Oriol Ivern.
Duración: 85 min.



“ARRUGAS” é unha película de animación para un público adulto baseado no cómic do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic 2008). Narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que acaba de chegar á residencia nun estado inicial de Alzheimer, será axudado por Miguel e outros compañeiros para non acabar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos -que é como chaman alí aos desahuciados-. O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o tedioso día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas acabaran, eles acababan de empezar unha nova.

Comentarios