Ir al contenido principal

Proxección 25 maio


LE HAVRE


Dirección e guión: Aki Kaurismäki
Intérpretes: André Wilms (Marcel Marx), Kati Outinen (Arletty), Jean-Pierre Darrousin (Monet), Blondin Miguel (Idrissa), Elina Salo (Claire), Evelyne Didi (Yvette).
Fotografía: Timo Salminen.
Montaxe: Timo Linnasalo.
Produción: Aki Kaurismäki, Fabienne Vonier e Reinhard Brunding
Duración: 93 min.

SINOPSE

Marcel Marx, escritor e coñecido bohemio, exiliouse na cidade de Le Havre, onde sente que está máis preto da xente despois de adoptar o honrado -aínda que non moi proveitoso- oficio de limpabotas. Enterrou o soño de converterse nun recoñecido autor e vive felizmente dentro dun triángulo composto polo seu bar preferido, o seu traballo e a súa esposa Arletty. Pero o destino provoca que se atope cun inmigrante menor de idade chegado de África. Arletty cae enferma, e a Marcel non lle quedará máis remedio que alzarse unha vez máis ante o frío muro da indiferenza humana co seu optimismo e a solidariedade dos habitantes do barrio como únicas armas

Comentarios