Ir al contenido principal

Proxección 9 de marzo

POTICHE
(Floreiro)






Gran Premio do Xurado, Mellor guión, Festival de Sundance 2010
Independent Spirit Awards: Mellor actor secundario e actriz secundaria.

NBR - Asociación de Críticos Norteamericanos: 2 Premios

Francia, 2010
Dirección: François Ozon.
Guion: François Ozon; adaptación libre da obra de Pierre Barillet e Jean-Pierre Grédy.
Intérpretes: Catherine Deneuve (Suzanne Pujol), Gérard Depardieu (Maurice Babin), Fabrice Luchini (Robert Pujol), Karin Viard (Nadège), Judith Godrèche (Joëlle), Jérémie Renier (Laurent Pujol), Sergi López (camioneiro español).
Fotografía: Yorick Le Saux.
Música: Philippe Rombi.
Duración: 103 min.

SINOPSE

Francia, 1977. Suzanne é unha muller consagrada ao seu fogar e á súa familia, e sometida ao acomodado industrial Robert Pujol. Robert dirixe con man de ferro a súa fábrica de paraugas e ten un comportamento desagradable e déspota tanto cos obreiros como cos seus fillos e con Suzanne, á que considera tan só unha muller floreiro. Despois dunha folga e do secuestro do seu marido, ela ten que asumir a dirección da empresa e, para sorpresa de todos, revélase como unha muller intelixente, capacitada e decidida. Pero cando Robert volve a casa, en plena forma despois dunha cura de repouso, a situación complícase.

Comentarios