Ir al contenido principal

Proxección 10 de febreiro


TOURNÉE
Dirección: Mathieu Amalric.
Guión:  Mathieu Amalric, Philippe Dei Folco, Marcelo Novais Teles e Raphaëlle Valbrune. 
Intérpretes: Mathieu Amalric (Joachim Zand), Miranda Colclasure (Mimi Lle Meaux), Suzanne Ramsey (Kitten on the Keys), Linda Marraccini (Dirty Martini), Julie Ann Muz (Julie Atlas Muz), Angela De Lorenzo (Evie Lovelle), Alexander Craven (Roky)
Fotografía: Antoine Héberlé.
Música: Ange Ghinozzi.
Produción: Yaël Fogiel e Laetitia Gonzalez. 
Vestiario: Ann Dunsford.
Duración: 111 min.
Non recomendada para menores de once anos

SINOPSE
Apenas cumpridos os corenta anos, Joachim, un exitoso produtor de televisión parisiense, déixao todo (fillos, amigos, inimigos, amores e remorsos) para comezar unha nova vida en América. Algún tempo despois, regresa co grupo de bailarinas de striptease New Burlesque, cuxas mentes encheu de fantasías románticas sobre Francia. De cidade en cidade, o humor dos números e o atractivo das mozas conquistan tanto a homes como a mulleres. E a pesar de que a falta de diñeiro as obriga a aloxarse en fríos e impersoais hoteis, as coristas inventan un mundo extravagante de fantasía, calidez e festas. Con todo, o soño de concluír a xira ao grande en París esnaquízase: a traizón dun vello amigo fai que Joachim non consiga a sala de espectáculos que apalabrara. En calquera caso, a breve viaxe de ida e volta á capital, reabrirá violentamente as feridas do pasado...

Comentarios