Ir al contenido principal

Programa de xaneiro a marzo pechado

A programación dos meses de xaneiro, febreiro e marzo está definitivamente pechada. Conformamos unha boa serie de películas. Teremos comedias e dramas. entre estes últimos, temos dous magníficos exemplos de películas ben realizadas, con magníficos guións que vos recomendamos que non perdades de ningún xeito: The trap, unha película serbia moi intensa cunha historia moi ben contada. A outra é Winter Bone, unha produción independente americana de excelente cualidade e cunha ctuación da actriz protagonista excelente. Pero o que vai predominar é o cine francés, xunto con algún cineasta británico, do mellor que se está a producir neste momento en Europa.


Isto é o que poderemos ver:


27 xaneiro 
Mademoiselle Chambon
(Francia, 2009)
Dirixida por Stéphane Brizé. 
Intérpretes: Vincent Lindon (Jean), Sandrine Kiberlain (Verónique Chambon), Aure Atika (Anne-Marie), Jean-Marc Thibault (padre de Jean), Arthur Le Houérou (Jérémy), Bruno Lochet. 
Duración: 101 min.


10 febreiro
Tournée (On tour)
(Francia, 2010)
Festival de Cannes: Mellor director e FIPRESCI
7 nominacións nos Premios Cesar

Dirixida por Mathieu Amalric
Duración: 111 min.
Intérpretes: Miranda Colclasure, Suzanne Ramsey, Julie Atlas Muz, Alexander Craven, Mathieu Amalric,Angela de Lorenzo, Damien Odoul, Dirty Martini, Julie Ferrier, Anne Benoît, Pierre Grimblat



17 febreiro 
The trap (Klopka)
(Serbia, Alemaña e Hungría, 2010)
Dirixida por Srdan Golubovic
Duración: 108 min.
Intérpretes: Nebojsa Glogovac, Natasa Ninkovic, Anica Dobra, Miki Manojlovic, Marko Durovic, Dejan Cukic.


9 marzo
Potiche, mulleres ao poder (Potiche)
(Francia, 2010)
Dirixida por François Ozon
Duración: 103 min.
Intérpretes: Catherine DeneuveGérard Depardieu, Fabrice Luchini, Karin Viard, Judith Godrèche, Jérémie Renier, Sergi López. 


23 marzo
Nader e Simin, unha separación (Jodaeiye Nader az Simin)
(Irán, 2011)
Oso de Ouro á mellor película
Oso de Prata ao Mellor Actor
Oso de Prata á Mellor Actriz
Premio Otra Mirada de TVE

Dirixida por Asghar Farhadi
Duración: 123 min.
Intérpretes: Peyman Moaadi, Leila Hatami, Sareh Bayat, Shahab Hosseini, Sarina Farhadi.  

Comentarios