Ir al contenido principal

Proxección do 2 de decembro


 
A MOZA DO TREN 
(La fille du RER)


Dirección: André Techiné.
Guión: André Téchiné, Odile Barski.
Intérpretes: Catherine Deneuve (Louise), Nicolas Duvauchelle (Franck), Émilie Dequenne (Jeanne), Michel Blanc (Samuel Bleistein), Mathieu Demy (Alex), Ronit Elkabetz (Judith), Jérémie Quaegebeur (Nathan), Djibril Pavadé (Tom)
Fotografía: Julien Hirsch.
Música: Philippe Sarde
Produción: Martine Marignac e Maurice Tinchant. Vestiario: Khadija Zeggaï.
Duración: 105 min.


SINOPSE

Jeanne vive nunha casa nos arrabaldos coa súa nai Louise. As dúas teñen unha boa relación. Louise gaña a vida coidados nenos, mentres Jeanne busca traballo sen moita convicción. Un día Louise le un anuncio en internet que lle fará crer que a sorte por fin petou na súa porta. Ten a esperanza de que a firma de Samuel Bleistein, un coñecido avogado ao que coñeceu de nova, contrate á súa filla. O mundo de Jeanne e de bleistein estń a anos luz, pero unha incrible mentira forxada por Jeanne propiciará o encontro..

"A moza do tren" é un drama baseado en feitos reais, concretamente nun dos asuntos máis mediatizados e politizados da última década en Francia. Todo ocorreu en 2004, cando unha moza inventou unha agresión no tren pola súa condición de xudea. A sociedade francesa estivo exteriorizando os seus medos e odios ata que se demostrou que todo era falso. Pois ben, inspirándose neste suceso e na novela "R.E.R", de Jean Marie Besset, o cineasta galo André Téchiné analiza as causas persoais que motivan unha mentira e as súas consecuencias cando se lle escapa das mans.

Comentarios