Ir al contenido principal

Proxección 25 de novembro

MEL (Bal)

Dirección: Semih Kaplanoğlu.
Interpretación: Bora Altas (Yusuf), Erdal Besikςioğlu (Yakup, pai), Tülin Özen (Zehra, a nai).
Guion: Semih Kaplanoğlu e Orςun Köksal.
Fotografía: Baris Özbiςer.
Montaxe: Ayhan Ergürsel, Semih Kaplanoğlu e S. Hande Güneri.
Duración: 103 min.


SINOPSE

Yusuf ten seis anos e acaba de empezar o colexio. O seu pai Yakup é apicultor, e Yusuf goza acompañándoo. Unha mañá, Yusuf cóntalle ao seu pai o que soñou, pero Yakup repréndeo: non se deben contar os soños. O mestre pídelle a Yusuf que lea un texto na clase, pero este empeza a tatexar. Pouco despois, as abellas desaparecen, poñendo en perigo o sustento da familia. Yakup decide subir á montaña para descubrir que ocorreu. En canto se vai, Yusuf deixa de falar. Anoitece e Yakup non regresa. Yusuf, que identifica ao seu pai co profeta, está convencido de que volverá. Yusuf e a súa nai buscan pistas para saber onde está Yakup, pero todo é en balde, e o neno decide seguir buscando só, internándose nun camiño cara ao descoñecido.

Comentarios