Ir al contenido principal

Proxección 11 de novembro

O ÚLTIMO VERÁN (36 vues du pic Saint Loup.), Francia e Italia, 2009
V.O.S.E.

Dirección: Jacques Rivette.
Guión:  Jacques Rivette, Pascal Bonitzer, Christine Laurent, Sergio Castellito e Shirel Amitay.
Intérpretes: Sergio Castellito (Vittorio), Jane Birkin (Kate), André Marcon (Alexandre), Jacques Bonnaffé (Marlo), Julie-Marie Parmentier (Clémence).
Fotografía: Irina Lubtchansky.Montaxe: Nicole Lubtchansky.
Música: Pierre Allio.
Produción: Martine Marignac e Maurice Tinchant. Vestiario: Laurence Struz.
Duración: 84 min.

SINOPSE:
Durante os inicios da xira estival dunha compañía, o propietario e fundador dun pequeno circo morre de maneira repentina. Para poder salvar a tempada, a compañía decide proporlle á filla máis vella, Kate, que entre a formar parte da mesma. Aínda que ela deixou o circo hai quince anos, para sorpresa de todos, decide aceptar e acompañalos, abandonando a súa vida actual.
Por casualidade, Kate crúzase cun italiano, Vittorio, que fascinado polo estilo de vida do circo, decide seguilos. Gradualmente, Vittorio empeza a formar parte da compañía, dando o paso definitivo e entrando a formar parte do espectáculo. Pero, ante todo, tenta descubrir o segredo de Kate, por que deixou o circo e decide volver máis tarde?
Achégaselle, en documento adxunto, información da pelicula.

Comentarios