Ir al contenido principal

HISTORIAS DA IDADE DE OURO

14 de outubro, 21 horas

Dirección: Cristian Mungiu, Ioana Uricaru, Hanno Höfer, Razvan Marculescu e Constantin Popescu..
Guión: Cristian Mungiu.
Intérpretes: Alexandru Potocean (secretario), Teo Corban (alcalde), Emanuel Pirvu (inspector do partido), Avram Birau (fotógrafo), Vlad Ivanov (Grigore), Tania Popa (Camelia), Liliana Mocanu (Marusia), Ion Sapdaru (axente Alexa), Diana Cavalioti (Crina).
Fotografía: Oleg Mutu, Alex Sterian e Liviu Marghidan.
Produción: Oleg Mutu e Cristian Mungiu.
Montaxe: Dana Bunescu, Theodora Penciu e Ioana Uricaru.
Música: Hanno Höfer e Laco Jimi.
Dirección artística: Cezara Armasu, Mihaela Poenaru, Dana Istrate e Simona Paduretu.
Duración: 154 min.


SINOPSE

Os últimos quince anos do réxime de Ceausescu foron os peores da historia de Romanía. Con todo, a maquinaria propagandística da época refírese indefectiblemente a aquel período como a Idade de Ouro. A película é unha adaptación para a gran pantalla das lendas urbanas máis famosas daquela época, na que abundaban as historias cómicas, absurdas e sorprendentes, inspiradas nos acontecementos surrealistas da vida cotiá baixo o réxime comunista. O sentido do humor é o que sostivo aos romaneses, e o filme proponse capturar ese estado de ánimo ao reproducir a supervivencia dunha nación que tiña que afrontar día a día a lóxica distorsionada da ditadura. Historias da Idade de Ouro é a combinación de varias historias reais que se remontan a unha época na que a comida era máis importante que o diñeiro, a liberdade máis importante que o amor e a supervivencia máis importante que os principios.

Antes das visitas de Ceausescu, os alcaldes dos concellos teñen que se esforzar para que as súas localidades destaquen e seguiren tamén as ordes máis extravagantes dos activistas máis energúmenos do Partido que fan a inspección previa á vista oficial. De acordo coas regras internas do Partido Comunista, nas imaxes públicas, o presidente Ceausescu non pode quitar o chapeu ante os representantes do corrompido mundo capitalista, incluído o presidente Giscard d'Estaing. Os comunistas pretendían exterminar o analfabetismo na nova sociedade, de forma que moitas persoas obtiñan o seu diploma sen asistir con regularidade á escola. No terceiro episodio, un entusiasta instrutor político decide loitar contra o analfabetismo nunha aldea perdida. No seguinte, un transportista de galiñas decide por primeira vez abrir o seu camión selado e descobre un vínculo entre os ovos, a Pascua e o amor conxugal. Un policía recibe como agasallo de Nadal un porco vivo e decide que envelenalo con gas é o mellor método para matalo silenciosamente sen que o advirtan os seus veciños e non ter que compartir con eles semellante manxar. Na Romanía dos anos oitenta, Bughi e Crina dedícanse a engaiolar á xente facéndolles crer que toman mostras de aire para quedaren coas botellas de vidro dos veciños e vendelas.

Comentarios