Ir al contenido principal

Proxección do 3 de xuño


LONDON RIVER
Dirección: Rachib Bouchareb.
Guión: Rachib Bouchareb, Zoé Galeron e Olivier Lorelle
Intérpretes: Brenda Blethyn (Elisabeth), Sotigui Kouyaté (Ousmane), Francis Magee (Inspector 1), Sami Bouajila (Imam), Marc Bayilis (Edward)
Fotografía: Jérôme Alméras.
Produción: Marin Karmitz, Nathanaël Karmitz, Charles Gillibert e Angelo Barbagallo.
Montaxe: Yannick Kergoat
Música: Armand Amar
Duración: 87 min.

SINOPSE
No mes de xullo de 2005 a capital inglesa sufriu unha serie de atentados de Al Qaeda que se saldaron cunha cincuentena de mortos. Neste marco sitúase a película de Rachid Bouchareb (director tamén de Days of glory): tras os atentados, Elisabeth Sommers, agricultora viúva, preocupada por non recibir noticias da súa filla Jane, que estuda en Londres, decide acudir persoalmente á cidade para ver como se atopa.

Elisabeth descobre, sorprendida, que Jane vive nun barrio de inmigrantes e que comparte piso cun mozo africano chamado Alí. O seu camiño crúzase co de Ousmane, vello africano afincado en Francia, que tamén veu a Londres para averigua-lo paradoiro do seu fillo Alí.

O encontro será difícil, todo os separa: a idade, o sexo, a raza, a cultura, o idioma e a relixión; pero o seu obxectivo é o mesmo, atopar aos seus fillos, e a súa procura ten un punto de partida común, unha foto tomada na mesquita, onde ambos estudaban árabe. 



 

Comentarios