Ir al contenido principal

Proxección 13 de maio




POESÍA

Dirección e guión: Lee Chang-dong.
Intérpretes: Yun Jung-hee (Mija), Lee David (Jong Wook), Kim Hira (Sr. Kang), Anh Nae-sang (Kim Yongtak), Park Myeong-sin (madre de Heejin).
Fotografía: Kim Hyun-seok.
Produción: Lee Joon-dong.
Montaxe: Kim Hyun.
Vestiario: Lee Choong-yeon.
Duración: 139 min.


SINOPSE

Mija vive co seu neto adolescente nunha pequena cidade dormitorio preto do río Han. É unha señora elegante e chea de curiosidade que adoita resultar imprevisible para os demais. Un día apúntase por casualidade a un taller de poesía nun centro cultural do barrio, e por primeira vez na súa vida vese na obriga de escribir un poema. O primeiro paso que dá na procura de inspiración poética é observar a vida diaria o seu arredor, algo no que nunca se fixara. De súpeto, unha nova enerxía apodérase de Mija, coma se fose unha nena que acaba de descubrir a vida. Ata que debe enfrontarse a unha realidade moito máis dura do que xamais imaxinara e dáse conta de que a vida non é tan marabillosa como cría.

Comentarios