Ir al contenido principal

Proxección do 25 de febreiro


ENTRE NÓS (Alle anderen), 

Dirección e guión: Maren Ade.
Intérpretes: Birgit Minichmayr (Gitti), Lars Eidinger (Chris), Hans-Jochen Wagner (Hans), Nicole Marischka (Sana), Mira Partecke, Atef Vogel, Paula Hartmann (Rebecca), Carina Wiese (Chris).
Fotografía: Bernhard Keller.
Produción: Janine Jackowski, Dirk Engelhardt y Maren Ade
Montaxe: Heike Parplies.
Duración: 119 min.

SINOPSE
 
Gitti e Chris son unha parella nova en vacacións na illa de Sardeña. Debido a un suceso aparentemente insignificante -o encontro con outra parella- a súa relación empeza a abanear. Con todo a Hans e a Sana non lles vai moito mellor, xa que tras a súa fachada de parella moderna esconden unha distribución convencional de roles entre o home e a muller. Chris empeza a imitar os comportamentos da outra parella e tenta mostrarlle á súa caprichenta moza os seus límites, co que a confianza de Gitti no seu mozo sofre unha profunda sacudida. O seu intento de adaptarse aos desexos del empeza como un xogo pero acaba converténdose nunha loita silenciosa contra si mesma. Mentres Chris resplandece co seu novo papel de home forte, Gitti parece que vai perdéndose aos poucos.

Comentarios