Ir al contenido principal

Proxección do 11 de febreiro

TWO LOVERS
Dirección: James Gray.
Guión: James Gray e Richard Menello.
Intérpretes: Joaquin Phoenix (Leonard Kraditor), Gwyneth Paltrow (Michelle Rausch), Vinessa Shaw (Sandra Cohen), Isabella Rossellini (Ruth Kraditor), Elias Koteas (Ronald Blatt), John Ortiz (José Cordeiro), Moni Moshonov (Reuben Kraditor), Julie Budd (Carol Cohen), Bob Ari (Michael Cohen).
Fotografía: Joaquin Baca-Asay.
Produción: Donna Gigliotti, James Gray e Anthony Katagas.
Duración: 110 min.
AUDITORIO MUNICIPAL CANGAS                                                                        21 HORAS


SINOPSE

Two lovers é un drama romántico clásico enmarcado no mundo pechado de Brighton Beach, Brooklyn. Narra a historia de Leonard, un mozo aposto aínda que trastornado, que regresa ao fogar da súa infancia tras fracasar no seu intento de suicidio. Mentres se recupera ante a atenta mirada dos seus preocupados pais, finalmente incapaces de entendelo, crúzase con dúas mulleres en rápida sucesión. Está Michelle, unha bela veciña con aire misterioso e exótico, alguén fóra de lugar nun contexto como o da aburrida veciñanza de Brighton Beach onde Leonard ten as raíces. No entanto, non vai tardar en descubrir que tamén ela é alguén con serios problemas. Namentres, os seus pais tratan de establecer unha relación entre el e Sandra, a encantadora e bondadosa filla do home de negocios suburbano que está a comprar o negocio familiar de limpeza en seco. Leonard verase finalmente obrigado a tomar unha decisión imposible entre a impulsividade do desexo e o confort do amor ou arriscarse a caer de novo nas tebras que case o matan.

Comentarios