Ir al contenido principal

Película do 28 de xaneiro

A PROPÓSITO DE ELLY (Irán)

Dirección: Asghar Farhadi.
Guión: Asghar Farhadi.
Intérpretes: Golshifteh Farahani (Sepideh), Taraneh Alidousti (Elly), Mani Haghighi (Amir), Shahab Hosseini (Ahmad), Merila Zarei (Shohreh), Peyman Moadi (Peyman), Rana Azadivar (Nassi), Ahmad Mehranfar (Manouchehr), Saber Abar (Alireza).
Fotografía: Hossein Jafarian.
Duración: 118 min.


SINOPSE

Despois de residir durante anos en Alemaña, Ahmad decide pasar uns días en Irán, o seu país natal. Os seus antigos amigos e compañeiros de universidade organizan unha estancia de tres días a beiras do mar Caspio. Sepideh, unha muller de carácter alegre, ocúpase da organización. Sen consultar aos demais, decidiu convidar a Elly, a xove mestra da súa filla.
Ahmad acaba de divorciarse dunha alemá e está a desexar refacer a súa vida cunha muller iraniana. Aos poucos, todos se decatan de que Sepideh convidou a Elly por unha razón, e empezan a fixarse nela e a gabar as súas múltiples calidades.
O segundo día, cando todo parecía ir de marabilla, ocorre algo e Elly desaparece. A alegría e a harmonía desaparecen. Xorden as especulacións, os amigos pregúntanse por que se foi.
O ambiente festivo é substituído polo pánico e os xuízos de todo tipo. O grupo non verá a Elly do mesmo xeito que o primeiro día? ata que se descubra a verdade.

Comentarios