Ir al contenido principal

Proxección do 19 de novembro. IN THE LOOP

Dirección: Armando Iannucci
Guión:   Armando Iannucci, Simon Blackwell, Jesse Armstrong.
Intérpretes: James Gandolfini (Lt. Gen. George Miller), Gina McKee (Judy Molloy), Tom Hollander (Simon Foster), Peter Capaldi (Malcolm Tucker), Anna Chlumsky (Liza Weld), Mimi Kennedy (Karen Clarke), Enzo Cilenti (Bob Adriano), Paul Higgins (Jamie MacDonald), Chris Addison (Toby Wright)
Fotografía: Jamie Cairney.
Música: Adem Ilhan e Elysian Quartet.
Duración:  
109 min.
 
SINOPSE


O Presidente de EE.UU. e o Primeiro Ministro británico decidiron iniciar unha nova guerra en Oriente Medio, aínda que esta vez prometeron ser máis rápidos que en anteriores ocasións. Este obxectivo non convence ao xeneral estadounidense George Miller e moito menos ao Secretario de Estado británico para o desenvolvemento internacional, Simon Foster. Con todo, por unha serie de accidentadas circunstancias, Simon vai apoiar a acción militar por televisión, gañando a amizade de Washington.

In the Loop é unha atrevida comedia política que desvela sarcásticamente a incompetencia e mediocridade da clase política británica, revivindo o proceso que levou á decisión da guerra de Iraq, aínda que isto último non se mencione explicitamente en ningún momento. Rodada a un ritmo desenfreado e con estilo pseudodocumental, In the Loop, vándala, divertida e mordaz, é a ópera prima do director Armando Iannucci, influente guionista, coñecido en televisión no Reino Unido polas súas comedias e shows satíricos como, por exemplo, a comedia política The Thick of It.

Comentarios