Ir al contenido principal

Proxección do 22 de outubro. YUKI E NINA



YUKI E NINA

Dirección:
Hippolyte Girardot, Nobuhiro Suwa
Guión: Hippolyte Girardot, Nobuhiro Suwa.
Intérpretes: Hippolyte Girardot (Frédéric), Noë Sampy (Yuki), Arielle Moutel (Nina), Tsuyu (Jun), Marilyne Canto (Camille), Jean-Paul Girardot (O avó), Koko Mori ( anciá)
Fotografía: Josée Deshaies.
Música: Lily Margot, Doc Mateo.
Duración: 92 min.


SINOPSE 
Ao seus nove anos, Yuki está afeita a vivir en París, pero a separación dos seus pais pode afastala de todo o que coñece. Filla dunha xaponesa e un francés, a pequena veríase obrigada a vivir coa súa nai en Xapón, deixando atrás á súa mellor amiga, Nina. As dúas nenas non están dispostas a separarse, así que idean plans para que os pais de Yuki se reconcilien e volvan estar xuntos. Cando todo iso falle, a única saída que lles quedará será fuxir e esconderse no bosque.





Comentarios

  1. A película, como o conto infantil que é, ten un simbolismo que me fai identificar, ao igual que nos contos infantís, o bosque como ese lugar descoñecido ao que todos tememos. De aí que unha vez atravesado o bosque, Yuki chegue a ese lugar descoñecido ao que se nega a ir.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario