Ir al contenido principal

Película do 28 de maio


O ANO EN QUE MEUS SAÍRON DE VACACIÓNS

Dirección:
Cao Hamburger.

Intérpretes: Michel Joelsas (Mauro), Daniela Piepszyk (Hanna), Germano Haiut (Shlomo), Paulo Autran (Mótel), Caio Blat (Ítalo), Simone Spoladore (Bia), Eduardo Moreira (Daniel), Liliana Castro (Irene), Rodrigo dos Santos (Edgar).
Guión: Cláudio Galperin, Bráulio Mantovani, Anna Muylaert e Cao Hamburger.
Produción: Fabiano Gullane, Caio Gullane e Cao Hamburger.
Montaxe: Rick Shaine.
Fotografía: Adriano Goldman.
Música: Beto Villares.
Duración: 105 min.

SINOPSE
En 1970, as preocupacións de Mauro (Michel Joelsas), un neno de 12 anos, non teñen nada que ver co réxime militar que controla Brasil. O seu maior soño é ver a selección de fútbol gañar o seu terceiro Mundial. De repente, Mauro é separado dos seus pais e levado a vivir á comunidade de Bom Retiro, un distrito en São Paulo onde residen, sobre todo, xudeus e italianos.
A ditadura militar ameaza á poboación, pero Mauro, de 12 anos, está máis interesado en ver a súa selección gañar o mundial de fútbol. A vida do neno cambia cando seus pais, inmigrantes xudeus e militantes de esquerdas, se ven obrigados a abandonalo e fuxir. Aínda que en principio déixano co seu avó, finalmente é acollido por Shlomo, o vello encargado dunha sinagoga. Ao seu lado, Mauro vivirá na comunidade Bom Retiro e descubrirá como enfrontarse á vida.


Comentarios