Ir al contenido principal

Proxección do 9 de abril

Por esixencia da dirección do auditorio, debemos realizar uns cambios nas datas de programación que afectan á proxección prevista para o día 9 de abril que pasa a realizarse o 23 do mesmo mes.
Deixámosvos información da película para que vaiades abrindo apetito.

UN CONTE DE NOËL

Dirección: Arnaud Desplechin.

Guión: Arnaud Desplechin y Emmanuel Bourdieu.
Intérpretes: Catherine Deneuve (Junon), Jean-Paul Roussillon (Abel), Anne Consigny (Elizabeth), Mathieu Amalric (Henri), Melvil Poupaud (Iván), Hippolyte Girardot (Claude), Emmanuelle Devos (Faunia), Chiara Mastroianni (Sylvia), Laurent Capelluto (Simon), Emile Berling (Paul).
Montaxe: Laurence Briaud
Fotografía: Eric Gautier.

Música: Grégoire Hetzel
Duración: 143 min.


SINOPSE

Abel e Junon Vuillard teñen dous fillos, Joseph e Elizabeth. Afectado por unha estraña enfermidade xenética, Joseph necesita un transplante de medula ósea. Elizabeth non é compatible e os seus pais deciden ter un terceiro fillo, Henri, coa esperanza de poder salvar a Joseph. Pero tampouco é compatible e Joseph morre aos sete anos. Despois nacerá Iván, ou cuarto e último fillo da parella. Pasan os anos e Elizabeth convértese en autora teatral en París. Henri vai de negocios de éxito a quebras fraudulentas, e Iván, cunha adolescencia moi problemática, converteuse nun case razoable pai de dous nenos un pouco raros.Un día, Elizabeth, exasperada polos excesos do seu irmán Henri, decide apartalo de calquera relación coa familia. Ninguén sabe exactamente que pasou nin por que. Henri desapareceu e a familia parece disolta. "Un conto de Nadal" comeza cando Junon descobre que ten a mesma enfermidade que sufría Joseph. Hai que atopar un doante entre os membros da súa familia, e Paul, o fillo de Elizabeth, un adolescente problemático, parece ser o candidato máis apropiado. Achégase o Nadal. Toda a familia reúnese para pasar tres días na casa de Roubaix. Convencido por Paul, Henri aceptou a invitación e chega acompañado polo seu novo amor: Faunia. É o momento de axustar contas...



Comentarios