Ir al contenido principal

Película do 30 de abril


AMAZING GRACE

Dirección: Michael Apted.

Guión: Steven Knight.

Intérpretes: Ioan Gruffudd (William Wilberforce), Romola Garai (Barbara Spooner), Youssou N'Dour (Olaudah Equiano), Albert Finney (John Newton), Benedict Cumberbatch (William Pitt), Michael Gambon (lord Fox), Rufus Sewell (Thomas Clarkson), Ciarán Hinds (lord Tarleton), Toby Jones (duque de Clarence), Nicholas Farrell (Henry).

Produción: : Edward Pressman, Terrence Malick, Patricia Heaton, David Hunt e Ken Wales.

Montaxe: Rick Shaine.

Fotografía: Remi Adefarasin.

Música: David Arnold.

Duración: 111 min.

SINOPSE

Baseada na vida do parlamentario británico William Wilberforce, pioneiro na loita contra a escravitude no século XVIII e cuns ideais que o enfrontaron a algúns dos homes máis poderosos da época. William era un brillante e carismático político británico de tan só 21 anos. A súa vida experimenta un xiro cando coñece a un antigo escravo e por primeira vez é consciente da desalentadora realidade da escravitude. A partir de entón convértese na voz pública dos abolicionistas, librando a súa particular cruzada para frear o comercio de escravos do Imperio británico.

Comentarios