Ir al contenido principal

Proxección do 12 de marzo



LIVERPOOL


Dirección: Lisandro Alonso.
Guión:
Lisandro Alonso e Salvador Roselli.

Intérpretes: Juan Fernández (Farrel), Giselle Irrazabal (Analia), Nieves Cabrera (Trujillo).
Montaxe:
Lisandro Alonso, Fernando Epstein, Martin Mainoli e Sergi Dies.

Fotografía:
Lucio Bonelli.

Música:
Flormaleva.

Duración:
84 min.

Farrel é un mariñeiro dun barco que se aproxima ao porto de Ushuaia, no extremo sur da Arxentina, un territorio de beleza humillante e humanidade imposible, onde o tempo se detivo a forza de neve e frío. A chegada supón a paréntese dunha viaxe e o inicio doutra ben distinta: o traxecto da monotonía á incerteza. Decidiu visitar o lugar onde naceu. Quere saber da súa nai. Farrel traballou en barcos durante os últimos vinte anos da súa vida. Farrel sempre pagou as mulleres coas que estivo, non fixo amigos. De chegado a ese grupo de casas cubertas de neve onde viviu os seus primeiros anos, os recordos sobreveñen. Todo parece estar no seu sitio. Desde o exterior, a través da xanela, observa a súa casa furtivamente. Unha moza habita o lugar. As incógnitas planean e aparecen os reproches. Por que volveu?

Comentarios