Ir al contenido principal

proxección do 26 de febreiro - 21 horas


SOÑOS DE MOCIDADE

Dirección: Jan Svěrák.
Guión: Zdeněk Svěrák.
Intérpretes: Zdeněk Svěrák (Josef Tkaloun), Daniela Kolářová (Eliška), Tatiana Vilhelmová (Helenka), Jiři Macháček (Robert Landa), Pavel Landovský (Řezác), Jan Budař (Úlisný), Robin Soudek (Tomík), Nela Boudová (Ptácková), Miroslav Táborský (Šubrt).Producción: Fatih Akin, Klaus Maeck, Andreas Thiel, Sandra Harzer-Kux e Christian Kux.
Producción: Jan Svěrák e Eric Abraham.
Montaxe: Alois Fišárek.
Fotografía: Vladimír Smutný.
Música: Ondřej Soukup.
Duración: 100 min.

SINOPSE

Josef (Zdenek Sverák) é un profesor de Literatura de secundaria que, ao darse conta un día de que xa non entende aos seus alumnos, abandona de inmediato o ensino. Isto supón un duro golpe para Eliška (Daniela Kolářová) a súa muller desde hai trinta anos, que agora ten ao seu irritable e rosmón compañeiro na casa todo o día. Con todo, Josef pensa que aínda ten moito que achegar á sociedade e que debería conseguir outro traballo. Ningún dos seus intentos laborais funciona -e moito menos o de ser o único mensaxeiro en bicicleta de sesenta e cinco anos de Praga- ata que acepta un posto a tempo parcial como repoñedor de botellas no supermercado local. Ao longo deste tempo no supermercado, Josef chega á conclusión de que o que lle ten que ensinar á xente non está necesariamente nos libros, por tanto, decide converterse nun estudante da vida. No entanto, Josef sempre foi un entrometido, e moi pronto a súa fina implicación nas vidas doutras persoas tráelle complicacións que requiren solucións dramáticas.

Comentarios