Ir al contenido principal

Proxección do 12 de febreiro



Dirección e guión: Fatih Akin
Intervencións: Alexander Hacke, Baba Zula, Orient Expressions, Duman, Replikas, Erkin Koray, Ceza, Istanbul Style Breakers, Mercan Dede, Selim Sesler, Brenna MacCrimmon, Selim Sesler, Orhan Gencebay, Sezen Aksu.
Producción: Fatih Akin, Klaus Maeck, Andreas Thiel, Sandra Harzer-Kux y Christian Kux.

Montaxe: Andrew Bird
Música: Alexander Hacke
Duración: 92 min.


SINOPSE

Mentres compuña a banda sonora de “Contra a parede” en Estambul, Alexander Hacke, compoñente do vangardista grupo alemán Einstürzende Neubauten" durante máis de vinte anos, descubriu a cidade e a súa música.

Entusiasmado, decidiu capturar a diversidade musical de Estambul para que se escoitara no Occidente, dende os sons electrónicos máis modernos, pasando polo rock e o hip-hop, ata a música árabe máis clásica.

Fatih Atkin acompañouno nese percorrido coa súa cámara e filmou a escena musical dunha cidade cuxos habitantes aman a música. A base de Hacke foi o Büyük Londra Oteli (Gran Hotel de Londres) no bairro de Beyoglu, quizais o punto máis europeo de Turquía. A partir de aí percorreu un mundo estraño, contraditorio, cheo de vida e seductor, recollendo impresións e gravacións, levado pola torrencial forzad esta enorme e multifacética cidade. Pero non existe a banda sonora nin a película que lle faga xustiza á diversidade e á forza que xeran as impresións visuais e musicais desta cidade.

Comentarios