Ir al contenido principal

Trailer da próxima película

The visitor é a última obra do autor daquela película que moitos de vós lembraredes, Vías cruzadas (The station agent), unha historia chea de personaxes estraños e solitarios que se densenrolaba nunha vella estación de tren abandonada nun lugar remoto dos Estados Unidos.

Aquí vos queda o trailer de esta, The visitor, para que vaiades picando algo da última película deste ciclo.

Aproveitamos a ocasión para lembrarvos que podedes facer as vosas propostas de títulos para o vindeiro ciclo a cineclubcangas@gmail.com.

Comentarios