Ir al contenido principal

Trailer de Camiñando

Queridos amigos, despois da fermosa película de Ozu que puidemos ver o pasado venres, imos ir abrindo boca para a próxima proxección, outra película xaponesa, moderna esta, con este trailer que a distribuidora Golem ten colagado en youtube.

Do mesmo director, Kore-Eda, xa proxectamos algunhas películas como Hana que se atopa entre as máis interesantes da súa carreira como realizador. Pero non deixedes de ver, se tendes oportunidade, Ninguén Sabe , outro dos títulos destacados xunto con Maborosi.

Comentarios