Ir al contenido principal

Proxección 30 de outubro.

Dirección e guión: Mike Leigh Intérpretes: Sally Hawkins (Poppy), Alexis Zegerman (Zoe), Andrea Riseborough (Dawn), Samuel Roukin (Tim), Sinead Matthews (Alice) Música: Gary Yershon Fotografía: Dick Pope Duración: 118 min.

Oso de prata na Berlinale á interpretación de Sally Hawkins

HAPPY, UN CONTO SOBRE A FELICIDADE
Poppy (Sally Hawkins) é unha profesora de primaria divertida, aberta e xenerosa. Un espírito libre que toma a vida tal e como vén, pero sempre con actitude positiva. Cando lle rouban a bici, decide que é o momento de sacar o carné de conducir. O seu profesor de autoescola é un tipo amargado e neurótico duns trinta anos que non encaixa moi ben co carácter aberto e falador de Poppy. Máis ben contrasta radicalmente coa natureza amable da súa alumna. Poppy ignorará os comentarios desagradables de Scott e tentará tomar a súa actitude con humor.
Outras pelícluas de Mike Leigh:
Grandes ambicións (1989), A vida é dóce(1990), Indefenso (1993), Segredos e mentiras (1996), Dúas mozas de hoxe (1997), Topsy-Turvy (1999), Todo ou nada (2004) e O segredo de Vera Drake (2004).

Trailer oficial da película


Comentarios