Ir al contenido principal

Entradas

Contrafaces, 28 de decembro

 CONTRAFACES Mércores, 28 de decembro, ás 21 horas AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS Ola, cineclubeiros. Imos despedir o ano cunha proxección extra. Quizais algúns saibades que queriamos inaugurar a Semana de cine cunha película relacionada co noso entorno máis próximo, pero non puido ser. Unha das películas que barallamos foi Contrafaces un documental centrado en dous personaxes que se cruzan nos seus itinerarios vitais en sentidos contrarios, Elías Portela ou Elías Knörr e Erín Moure. Pois ben, o mércores 28 de decembro, ás 21 horas realizaremos a presentación en Cangas deste documental e contaremos coa presenza de Elías Portela e Fon Cortizo, o seu director.

Proxección do 16 de decembro de 2016

BOUDU SALVADO DAS AUGAS (Boudu sauvé des eaux) 16 DE DECEMBRO.   21,30 HORAS AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS Boudu salvado das augas Boudu sauvé des eaux Francia, 1932 Director:  Jean Renoir. Intérpretes:  Michel Simon (Boudu),Marcelle Hainia (Mme. Lestingois), Séverine Lerczinska (Anne-Marie), Charles Granval (Lestingois), Jean Gehret (Vigour), Max Dalban (Godin), Jacques Becker (el poeta). Guión:  Jean Renoir & Albert Valentin. Basado na obra teatral de René Fauchois 1919 Fotografía:  Marcel Lucien (B/N). Montaxe:  Marguerite Renoir e Suzanne de Troye. Música:  Jean Boulze e Édouard Dumoulin. Produtor:  Michel Simon. Produción:  Société Sirius (Les Productions Michel Simon). Duración: 83 min. Xénero: Comedia SINOPSE Boudu é un vagabundo que, desesperado porque perdeu o seu can, tírase ao río Sena desde a ponte das Artes. Un libreiro, Monsieur Lestingois, sálvalle a vida e acólleo na súa casa. Boudu seduce ...

Proxección do 2 de decembro

ALÉN DAS MONTAÑAS China, Francia e Xapón, 2015. PREMIOS Asian Film Awards 2016 (mellor filme) Cannes 2015 (nomeado á Palma de Ouro) Golden Horse 2015 (premio do público, mellor guión) Miami 2016 (gran premio do xurado, mellor actriz Tao Zhao) Donostia 2015 (premio do público). Dirección: Jia Zhang-ke. Guion: Jia Zhang-ke. Intérpretes: Tao Zhao, Zhang Yi, Liang Jingdong, Dong Zijian, Sylvia Chang Fotografía: Nelson Yu Lik-wai. Música: Yoshihiro Hanno. Duración: 131' 'Más allá de las montañas' SINOPSE Tao, unha moza de Fenyang, é cortexada polos seus dous amigos da infancia, Zang e Lianzi. Zang, propietario dunha estación de gasolina, está destinado a un futuro prometedor, mentres que Liang traballa nunha mina de carbón. O seu corazón está dividido entre os dous homes e debe tomar unha decisión que selará o seu destino e o do seu futuro fillo.

Proxección do 18 de novembro

LILTING Gran Bretaña, 2014 Auditorio de Cangas. 21 horas Premios BAFTA: Proposta a Mellor guionista debutante, director e produtor británico Festival de Sundance: Mellor fotografía Director: Hong Khaou Dirección e guión: Hong Khaou Intérpretes: Ben Whishaw, Cheng Pei-Pei, Andrew Leung, Peter Bowles, Naomi Christie, Morven Christie Música: Stuart Earl Fotografía: Urszula Pontikos Duración: 91 min. Se a delicadeza é o talento en desairar a mirada, ao guionista e director Hong Khaou habería que situalo no cume dese talento, pois a súa película pon o ollo dun modo tan delicado en moitos dos aspectos máis vidrosos como a vellez e a soidade, a dor e a perda, a incomunicación ou o choque cultural, e non na homosexualidade, tratada aquí con parecido aroma que en «Brokeback Mountain»,. De todo iso trata esta historia sobre unha nai chinesa que vive nun xeriátrico londiniense, a morte do seu fillo, o achegamento do home que vivía co seu fillo e a imposibilidade de atopar e...

Proxección do 4 de novembro

VENRES 4 DE NOVEMBRO DE 2016 21 horas AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS O CUARTO ROOM. Irlanda, 2015 . Oscar Mellor actriz e 4 nominacións. Globo de ouro mellor actriz. BAFTA mellor actriz. Spirit Awards: mellor actriz e mellor guión novel. Dirección: Lenny Abrahamson. Guion: Emma Donoghue. Intérpretes: Brie Larson, Jacob Tremblay, William H. Macy, Joan Allen, Sean Bridgers, Tom McCamus, Megan Park, Wendy Crewson, Amanda Brugel, Kate Drummond, Jack Fulton, Cas Anvar, Chantelle Chung, Joe Pingue, Justin Mader. Fotografía: Danny Cohen. Música: Stephen Rennicks. Duración: 118' Sinopse: Para Jack, un neno de cinco anos, o cuarto é o mundo enteiro, o lugar onde naceu, onde come, xoga e aprende coa súa nai. Pola noite, a mamá pono a durmir no armario, por se vén o vello Nick. A habitación é o fogar de Jack, mentres que para a súa nai é o cubículo onde leva sete anos encerrada, secuestrada desde o dezanove anos. Con gran tesón e enxeño, a moza creou nese reducido...

Venres, 21 de outubro

A NOSA IRMÁ PEQUENA De Hirokazu Kore-Eda. Xapón 2015 21 horas    Auditorio Municipal de Cangas Título ori x inal: Umimachi Diary, 海街diary. Dirección: Hirokazu Koreeda. Guion: Hirokazu Koreeda (basado en el manga de Akimi Yoshida). Intérpretes: Suzu Hirose, Haruka Ayase, Masami Nagasawa, Kaho, Ryô Kase, Ryôhei Suzuki, Rirî Furankî, Shin'ichi Tsutsumi, Jun Fubuki, Kentarô Sakaguchi. Productoras: Toho Company / GAGA / Shogakukan / TV Man Union. Fotografía: Mikiya Takimoto. Música: Yôko Kanno. Montaje: Hirokazu Koreeda. SINOPSE Sachi, Yoshino e Chika son tres irmás que viven na ancestral e enorme casa da súa defunta avoa na cidade de Kamakura, a unha hora en tren de Tokio. Creceron sen os seus pais desde moi pequenas debido a que un conflito que houbo entre eles fíxolles marcharse do fogar e abandonalas. Un día calquera, reciben unha chamada que lles avisa da morte do pai, feito que parece non afectarlles demasiado. Con todo no funeral decataranse...

XII Semana de Cine. Cinemas ocultos

Xa podedes consultar toda a programación da Semana de cine accedendo á web da Semana de Cine de Cangas.  Cinemas Ocultos . Comezamos o 30 de setembro ás 21 horas .