Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Kim Nguyen

Rebelde

O trailer de Rebelde, a película de Kim Nguyen que proxectaremos o vindeiro venres, día 6 de febreiro, ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas.

Proxección do 6 de febreiro

REBELDE Versión orixinal con subtítulos en español Canadá, 2012 Dirección e guión: Kim Nguyen. Intérpretes: Rachel Mwanza, Serge Kanyinda, Alain Bastien, Mizinga Mwinga, Ralph Prosper. Produción: Pierre Even, Kim Nguyen, Marie-Claude Poulin. Montaxe: Richard Comeau. Fotografía: Nicolas Bolduc. Música: Afro-beat angoleña grabada nos anos 70. Duración: 90 min. SINOPSE nalgún lugar da África subsahariana, nunha pequena e remota aldea, Komona, unha nena de 12 anos, vive pacíficamente cos seus pais, até o día en que é secuestrada polo exército rebelde e vese obrigada a combater como nena soldado. Pola súa capacidade para salvarse, chámanlle "bruxa da guerra". A súa única saída e amigo será Mago, un mozo albino de 15 anos que desexa casar con ela. COMENTARIO No imaxinario colectivo a África negra é un territorio exótico, belo e perigoso, en permanente guerra consigo mesmo. Como espectadores, sen contar aqueles aventureiros que penetraron nos document...