NEBRASKA (EE. UU., 2013) Director: Alexander Payne Guión: Bob Nelson Intérpretes: Bruce Dern, Will Forte, Stacy Keach, Bob Odenkirk, June Squibb, Angela McEwan, Mary Louise Wilson, Missy Doty Fotografía: Phedon Papamichael Música: John Ottman e Alexander Rudd Duración: 115 min. Andrés Castro. Sermos Galiza Aínda soan ecos de Óscar nas pantallas de cinema. “Nebraska” foi unha desas que tivo máis nominacións: Mellor Película, Mellor Director, Mellor Guión Orixinal (Bob Nelson), Mellor Actor (Bruce Dern), Mellor Actriz Secundaria (June Squibb) e Mellor Fotografía (Phedon Papamichael). E a pesar de que non gañou nada non lle falta calidade e incluso se trata dunha das mellores que se presentou no certame. Mais parece ser un handicap importante non contaren cun padriño coma Brad Pitt para apoiar o proxecto, (véxase “12 anos de escravitude”, a gañadora da noite). Á fronte de “Nebraska” está Alexander Payne, un dos directores máis persoais do momento, autor, entre outra...