Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Homosexualidade

Proxección do 18 de novembro

LILTING Gran Bretaña, 2014 Auditorio de Cangas. 21 horas Premios BAFTA: Proposta a Mellor guionista debutante, director e produtor británico Festival de Sundance: Mellor fotografía Director: Hong Khaou Dirección e guión: Hong Khaou Intérpretes: Ben Whishaw, Cheng Pei-Pei, Andrew Leung, Peter Bowles, Naomi Christie, Morven Christie Música: Stuart Earl Fotografía: Urszula Pontikos Duración: 91 min. Se a delicadeza é o talento en desairar a mirada, ao guionista e director Hong Khaou habería que situalo no cume dese talento, pois a súa película pon o ollo dun modo tan delicado en moitos dos aspectos máis vidrosos como a vellez e a soidade, a dor e a perda, a incomunicación ou o choque cultural, e non na homosexualidade, tratada aquí con parecido aroma que en «Brokeback Mountain»,. De todo iso trata esta historia sobre unha nai chinesa que vive nun xeriátrico londiniense, a morte do seu fillo, o achegamento do home que vivía co seu fillo e a imposibilidade de atopar e...