Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como cinema chinés

Proxección 27 de xaneiro

REGRESO Á CASA Gui lai China, 2014 21 horas.  Auditorio Municipal de Cangas Director: Zhang Yimou Guión: Zhou Jingzhi (Novel: Yan Geling) Intérpretes: Gong Li, Chen Daoming, Zhang Huiwen, Guo Tao, Yan Ni, Li Chun, Zhang Jiayi,Liu Peiqi, Ding Jiali, Xin Baiqing, Zu Feng, Chen Xiaoyi Música: Chen Qijang Fotografía: Zhao Xiaoding Duración: 109 min. SINOPSE Lu Yanshi é detido en pleno apoxeo da Revolución Cultural en China. A súa muller, a profesora Feng Wanyu, e a súa filla deben enfrontarse a esta realidade. Así, a nena empeza a entregarse á danza e esfórzase por facerse cun papel protagonista.  A principios dos anos setenta, tras anos sen ver á súa familia, Lu Yanshi consegue escapar dun campo de traballo. Tenta volver ver os seus seres queridos, pero a súa filla -por medo a que o reencontro afecte á súa carreira como bailarina- evítao.  Tempo despois poderá finalmente estar coa súa muller, aínda que non nas circunstancias que imaxinaba...

Proxección do 2 de decembro

ALÉN DAS MONTAÑAS China, Francia e Xapón, 2015. PREMIOS Asian Film Awards 2016 (mellor filme) Cannes 2015 (nomeado á Palma de Ouro) Golden Horse 2015 (premio do público, mellor guión) Miami 2016 (gran premio do xurado, mellor actriz Tao Zhao) Donostia 2015 (premio do público). Dirección: Jia Zhang-ke. Guion: Jia Zhang-ke. Intérpretes: Tao Zhao, Zhang Yi, Liang Jingdong, Dong Zijian, Sylvia Chang Fotografía: Nelson Yu Lik-wai. Música: Yoshihiro Hanno. Duración: 131' 'Más allá de las montañas' SINOPSE Tao, unha moza de Fenyang, é cortexada polos seus dous amigos da infancia, Zang e Lianzi. Zang, propietario dunha estación de gasolina, está destinado a un futuro prometedor, mentres que Liang traballa nunha mina de carbón. O seu corazón está dividido entre os dous homes e debe tomar unha decisión que selará o seu destino e o do seu futuro fillo.