Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como outono 2015

Whiplash. 27 de novembro

WHIPLASH VENRES, 27 DE NOVEMBRO, 21 H. Auditorio Municipal de Cangas Dirección e guión: Damian Chazelle. Intérpretes: Miles Teller, J.K. Simmons, Melissa Benoist, Austin Stowell, Nate Lang, Chris Mulkey. Fotografía: Sharone Meir. Produción: Hiroshi Fukasawa e Hiroyuki Saito. Música: Justin Hurwitz. Montaxe: Tom Cross. Duración: 107 min. SINOPSE A meta de Andrew Neiman, un xove baterista de jazz admirador do estilo de Buddy Rich, é triunfar no elitista Conservatorio de Música Nova York. Marcado polo fracaso da carreira literaria do seu pai, Andrew alberga soños de grandeza. Terence Fletcher (J.K. Simmons), un profesor coñecido tanto polo seu talento como temido pola súa crueldade cos alumnos, dirixe unha das máis prestixiosas big Band do país. Cando Fletcher elixe a Andrew para formar parte do grupo, a vida do mozo cambiará. CRÍTICAS "Contada podería pasar por unha película xa vista. E con todo, algo estraño, por primario, arrastra ao espectador até o ...

A casa do tellado vermello

VENRES, 13 DE NOVEMBRO ÁS 21 HORAS AUDITORIO DE CANGAS Dirección: Yôji Yamada. Intérpretes: Takako Matsu (Tokiko), Haru Kuroki (Taki), Hidetaka Yoshioka Shoji Itakura), Satoshi Tsumabuki, Chieko Baisho, Takataro Kataoka. Guion: Yôji Yamada e Emiko Hiramatsu; baseado na novela de Kyoko Nakajima. Produción: Hiroshi Fukasawa e Hiroyuki Saito. Música: Joe Hisaishi. Duración: 136 min. SINOPSE  Cando morre Taki, o seu sobriño Takeshi recibe unha valiosa herdanza: a autobiografía da súa tía. Rememorando as lecturas dos primeiros capítulos e descubrindo aqueles que non coñecía, Takeshi introdúcese na vida de Taki durante os anos previos á II Guerra Mundial, cando traballaba en Tokio como criada para a familia Hirai. A medida que avanza na súa lectura, Takeshi comprende a complexidade do vínculo que uniu á súa tía cos Hirai e como as circunstancias e as eleccións poden causar feridas máis amargas que as que provoca unha guerra . "Otra preciosa pieza de ...

Opinións e trailer

'Una segunda madre'

30 de outubro

QUE HORAS ELA VOLTA? Venres, 30 de outubro. Auditorio Cangas             21 horas Dirección e guión: Anna Muylaert. Intérpretes: Michel Joelsas, Karine Teles, Camila Márdila, Lourenço Mutarelli, Regina Casé. Música: Fábio Trummer. Fotografía: Bárbara Álvarez. Duración: 110 min. SINOPSE Val pasou máis de 13 anos traballando na casa dunha familia rica de Sâo Paulo coidando da casa e criando o fillo dos seus xefes, que quere coma seu. Curiosamente Val mantén contacto esporádico coa súa familia ata que un día a súa filla avísalle por teléfono que vai facer a selectividade e que precisa que a acolla na cidade por uns días. Emocionada polo reencontro, Val faille sitio no seu cuarto e na súa vida, pero Jéssica ve doutro xeito ben diferente a vida da súa nai e a relación entre ambas vai ser conflictiva "Fala con intelixencia e sensibilidade da loita de clases. É unha película boa, comprensiva, crítica, luminosa e turbadora película." ...