TÍTULO ORIXINAL: Jodaeiye Nader az Simin (A Separation) SINOPSE: Nader e Simin son un matrimonio iraniano cunha filla. Simin quere abandonar Irán en busca dunha vida mellor, pero Nader desexa quedar para coidar o seu pai, que ten Alzheimer. Ela pídelle o divorcio e múdase a vivir cos seus pais. Nader non ten máis remedio que contratar a unha muller que coide o seu pai. Unha neglixencia da asistenta provoca un conflito de grandes dimensións. CRÍTICA: Unha obra maestra de clase mundial. Wall Street Journal. Os imprevisibles xiros argumentais, a atmosfera de ameaza e o tenro humanismo de Farhadi converten esta película nunha obra absorbente, pero a súa forma de formular as preguntas fundamentais a confirma como unha obra mestra. El Periodico. Un triunfo da cinematografía. Boston Globe. Encadres de cámara sempre perfectos, diálogos esplendidamente dosificados e a credibilidade achegada polos actores converten a película nun envolvente, maxistral mosaico de emocións.