MUD EE.UU. 2012 Dirección e guión: Jeff Nichols. Intérpretes: Matthew McConaughey (Mud), Reese Witherspoon (Juniper), Sarah Paulson (Mary Lee), Tye Sheridan (Ellis), Michael Shannon (Galen), Sam Shepard(Tom), Jacob Lofland (Neckbone). Fotografía: Adam Stone. Montaxe: Julie Monroe. Música: David Wingo. Duración: 130 min. SIPNOSE Ellis e Neckbone, de 14 anos, atópanse cun home refuxiado nunha illa no medio do Misisipi. Trátase de Mud: cun dente menos, unha serpe tatuada no brazo, unha pistola e unha camisa que lle dá sorte. Mud é tamén un home que cre no amor, algo no que Ellis necesita crer desesperadamente para tentar esquecer as tensións diarias entre os seus pais. Mud pide axuda aos dous adolescentes para reparar un barco que lle permitirá abandonar a illa. Con todo, para os raparigos resulta difícil discernir o verdadeiro do falso nas palabras de Mud. Matou realmente un home? Perségueo a xustiza, os cazarrecompensas? E dout...