NAI E FILLO (P0ZITIA COPILULUI) Romanía, 2013 Oso de ouro en Berlín. Dirección: Calin Peter Netzer. Intérpretes: uminita Gheorghiu (Cornelia), Bogdan Dumitrache (Barbu), Ilinca Goia (Carmen), Natasa Raab (Olga), Florin Zamfirescu (Aurelian), Vlad Ivanov (Dinu) Guión: Razvan Radulescu e Calin Peter Netzer Produción: Ada Solomon e Calin Peter Netzer. Montaxe: Dana Lucretia Bunescu. Fotografía: Andrei Butica. Duración: 112 min. SINOPSE Cornelia séntese infeliz desque o seu fillo Barbu, de 34 anos, decidiu independizarse. Mudouse a un apartamento, ten coche propio, unha noiva e evita á súa cariñosa nai. Cando Cornelia se decata de que o seu adorado fillo está involucrado nun tráxico accidente, usará todas as súas habilidades, contactos e diñeiro para impedir que vaia ao cárcere. A cambio, está convencida de que volverá ao choio e será o neno dependente de antes. COMENTARIO É posible mostrar sen decantarse a favor ou en contra, sen apoiar ou d...