Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ken Loach

Película do 10 de febreiro de 2017

EU, DANIEL BLAKE (I, Daniel Blake) Auditorio Municipal de Cangas.    21 horas Dirección: Ken Loach Guión: Paul Laverty Produción: Rebecca O’Brien Director de fotografía : Robbie Ryan Montaxe: Jonathan Morris Música: George Fenton Intérpretes: Dave Johns ( Daniel Blake) ,  Hayley Squires  ( Katie ),   Dylan McKiernan  ( Dylan ), Briana Shann ( Daisy) , Kate Rutter ( Ann) , Sharon Percy ( Sheila) , Kema Sikazwe ( China) Duración: 100' SINOPSE Daniel Blake é un carpinteiro inglés de 59 anos que se ve obrigado a recorrer ás axudas sociais por primeira vez na súa vida despois de que lle diagnostiquen unha doenza cardíaca. Con todo, a pesar da prohibición médica de traballar, a administración obrígao a buscar un emprego para evitar unha sanción. No centro de colocación coñecerá a Katie, outra vítima das aberracións burocráticas, que tivo que mudarse cos seus fillos a 450 km para evitar un fogar de acollida. Entre os dous tentarán axudar...

Trailer e comentario. A PARTE DOS ANXOS

A PARTE DOS ANXOS COMENTARIO de Julio Rodríguez Chico. La Butaca.com “A parte dos anxos” é unha entrañable comedia social na que Ken Loach deixa clara a súa aposta pola segunda oportunidade. Paul Branningan fai un gran papel cheo de frescura e espontaneidade. Resulta difícil imaxinar a Ken Loach facendo un cinema no que a perspectiva social non prevaleza ou onde os seus personaxes non pertenzan a clases desfavorecidas. En “A parte dos anxos” -Premio do Xurado en Cannes- non saímos dese universo de compromiso e marxinalidade, pero si varía o enfoque con que se achega ás distintas situacións. O ton de comedia e a súa óptica humanista imponse ao espírito reivindicativo doutros traballos, e a denuncia agre deixa paso a un tratamento amable dos problemas. Agora volvemos a Glasgow para seguirlle a pista a un cuarteto de mozos delincuentes que deben conmutar a súa pena con traballos comunitarios como medio de reinserción. Un deles é Robbie, que acaba de ter un bebé con Leonie e que ten...

A parte dos Anxos o 29 de novembro

A parte dos anxos (The Angels' Share) Reino Unido, 2012 – V.O.S.E. 2012: Festival de Cannes: Premio especial do xurado 2012: Premios do Cine Europeo: Candidata á Mellor música 2012: Premios César: Candidata á Mellor película estranxeira Dirección: Ken Loach. Intérpretes: Paul Brannigan (Robbie), John Henshaw (Harry), Gary Maitland (Albert), Jasmin Riggins (Mo), William Ruane (Rhino), Roger Allam (Thaddeus), Siobhan Reilly (Leonie). Guión: Paul Laverty. Fotografía: Robbie Ryan. Montaxe: Jonathan Morris. Produción: Rebecca O’Brien. Música: George Fenton. Duración: 101 min. Robbie é un xove pai de familia de Glasgow que non consegue fuxir do seu pasado delituoso. Crúzase no camiño de Rhino, Albert e a xove Mo cando, coma eles, evita por pouco o cárcere pero recibe unha pena de traballos sociais. Henri, o educador que lles asignaron, convértese entón no seu novo mentor e en segredo iníciaos na arte do whisky! Entre destilerías e sesións de degustación, Robbie...